Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 54137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021037AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 13 de outubro de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2021037AE-OU, incoado ao titular do NIE X7769723R e con enderezo na rúa Monte Penamá, 3-1º, 32005 Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE X7769723R o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Non obstante, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, podendo realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 20 de outubro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2021037AE-OU.

DNI/NIF/CIF: X7769723R.

Último enderezo coñecido: rúa Monte Penamá, 3-1º, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).