Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53794

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación e denegación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2020.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pago básico procedentes da reserva nacional da campaña 2020, no marco establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23 a 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, dando traslado dos expedientes á persoa titular da presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 27.1 de devandito Real decreto 1076/2014, a persoa titular da presidencia do FEGA comunicou ao Fogga para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación e denegación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico), a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA de asignación e denegación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2020.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria