Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Cooperativa de Meirás, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral, o 7 de outubro de 2021, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 1 dos estatutos sociais, relativo á denominación social da cooperativa, acordada na reunión da asemblea xeral que tivo lugar o 6 de xuño de 2021. A nova denominación social é Cooperativa de Meirás, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social