Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Comparte Galicia, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Comparte Galicia, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 5 de febreiro de 2021, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é na rúa Pintor Seijo Rubio número 7, local 8, CP 15300, concello de Betanzos, na provincia da Coruña.

A Coruña, 15 de outubro de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña