Mediante este anuncio faise público que coa Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 3 de outubro de 2021 se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 112-B dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 534,84 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actuais titulares: Antonio Rosales Lorenzo e Luisa Fernández Fernández.
Novo titular: Antonio Rosales Fernández (***6233**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Vigo, 4 de outubro de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo