Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53663

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir dúas prazas vacantes da categoría profesional de condutor.

Por Resolución do 28 de xuño de 2021 (DOG do 13 de xullo e BOE do 20 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional condutor, unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela