Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53662

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Xenética.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 8 de xuño de 2021 (BOE do 21 de xuño), para a provisión da praza número 21/019 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Xenética, departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Andrés Martínez Lage, con DNI núm. ***2814**, e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Andrés Martínez Lage, catedrático de universidade da área de coñecemento de Xenética, departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de outubro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor