Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53356

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción fonográfica e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402F).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 194, do xoves 7 de outubro de 2021, procede facer as oportunas correccións:

Na páxina 48997, na base segunda, punto 2, onde di:

«2. Os gastos deberán corresponder ao período subvencionable, que comprende desde a data de publicación e as datas máxima de xustificación para cada modalidade establecida na convocatoria, estas últimas incluídas».

Debe dicir:

«2. Os gastos deberán corresponder ao período subvencionable, que comprende desde os tres meses anteriores á data de publicación da convocatoria e as datas máximas de xustificación para cada modalidade establecida na convocatoria, estas última incluídas».