Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53357

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2021 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), convocadas pola Resolución do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 15 de marzo), logo de se realizaren novas adxudicacións da lista de suplentes.

Mediante Resolución da Axencia Galega de Innovación do 1 de marzo de 2021 convócanse as subvencións para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e procédese á súa convocatoria para o ano 2021.

A Comisión de Valoración, na súa sesión do 7 de xullo de 2021, emitiu informe favorable sobre a elaboración dunha listaxe de agarda para as entidades cos restantes contratos solicitados segundo a orde establecida na convocatoria, de xeito que en primeiro lugar figuren por orde decrecente de puntuación os contratos solicitados que aínda non foron seleccionados para acceder ao financiamento e, en segundo lugar, os restantes contratos solicitados por aquelas entidades que teñan pedido máis dunha contratación.

O día 10 de agosto de 2021 publicouse no DOG a Resolución do 29 de xullo de 2021, que adxudicou as ditas axudas e unha listaxe de agarda para as entidades cos restantes contratos solicitados segundo a orde establecida na convocatoria.

De acordo con isto, tendo en conta as renuncias recibidas e resoltas ata esta data, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas que figuran como anexo a esta resolución.

2. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O pagamento e xustificación destas axudas realizarase conforme o establecido na Resolución do 27 de setembro de 2021 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2021 establecidos nos artigos 4 e 25 da Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN858A).

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación de solicitudes concedidas

CIF

Entidade

Importe 2021 (€)

Importe

2022 (€)

Importe

2023 (€)

Total

axuda (€)

Aplicación

orzamentaria

Réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1407/2013)

B42796912

Artificial

Intelligence

Indestia, S.L.

39.603,96

19.801,98

19.801,98

79.207,92

06.A2.561A.470.0

Si

B70617329

Libera Bio, S.L.

64.350,00

32.175,00

32.175,00

128.700,00

06.A2.561A.470.0

Si

Importe total

103.953,96

51.976,98

51.976,98

207.907,92

06.A2.561A.470.0