Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53345

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se engade un anexo V á Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Orde do 18 de outubro de 2010 establecéronse os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia. Procede incluír na relación de centros e postos cualificados de especial dificultade aos centros de menores.

En consecuencia, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DISPÓN:

Artigo único. Engádese un anexo V á Orde do 18 de outubro pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia coa seguinte redacción:

ANEXO V

Centros de menores

Nome

Provincia

CRM Concepción Arenal

A Coruña

Cen. Pub. Mestre José Rábade Arias

Lugo

CR Monteledo

Ourense

CA Montefiz

Ourense

CA Montealegre

Ourense

Cen. Púb. Avelino Montero

Pontevedra

Disposición derradeira. Efectos da presente orde

Esta orde terá efectos desde o día 1 de setembro de 2010.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade