O Concello do Barco de Valdeorras acordou substituír a persoa instrutora dos expedientes sancionadores número SCOVID/OBARCO/0059 e SCOVID/OBARCO/0186.
Intentada a notificación do acordo de cambio de instrutor por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do acordo de cambio de instrutor en procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.
Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición das persoas interesadas xunto co resto do expediente no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte a esta publicación no Boletín Oficial del Estado nas oficinas municipais do Concello do Barco de Valdeorras situadas na Praza do Concello, 2, O Barco de Valdeorras, Ourense, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación entenderase producida, a todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.
O presente anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021
Sonia Rial Barreiro
Funcionaria da unidade tramitadora
ANEXO
Número de expediente |
DNI/CIF/pasaporte Persoa interesada |
Acto notificado |
SCOVID/OBARCO/0059 |
J483629 |
Acordo de cambio de instrutor |
SCOVID/OBARCO/0186 |
J483629 |
Acordo de cambio de instrutor |