Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de outubro de 2021 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/20/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 6.9.2021, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 22 de xuño de 2020, en relación coas obras consistentes en edificación de planta baixa e cuberta a dúas augas coas características propias dun uso residencial, e construción de planta baixa auxiliar deste uso residencial, en Duarría, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución á interesada con documento nacional de identidade número 33554184J, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística