A subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director da Axencia (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo), o día 26 de agosto de 2021, ditou resolución pola que se declara o arquivo do expediente de reposición da legalidade urbanística por cumprimento do ordenado na Resolución do 29 de outubro de 2014.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do DNI 33102308H, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística