Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53180

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación previstos para as anualidades de 2021 e 2022 na Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A).

O 17 de febreiro de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 32 a Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A).

A dita resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades promotoras de congresos, seminarios, convencións ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións que fomenten e promocionen a actividade congresual e que se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 20.2 establece que para cobrar a subvención concedida o beneficiario disporá dos seguintes prazos:

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de abril de 2021 e o 31 de outubro de 2021, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2021.

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2022.

No presente procedemento de concesión de axudas estanse a rexistrar numerosas solicitudes de prórroga por parte dos beneficiarios, motivadas polas dificultades existentes para executar e xustificar os investimentos subvencionados nas referidas datas límite, debido ás restricións á mobilidade impostas como consecuencia da pandemia da COVID-19 e sen que exista ademais a posibilidade de causar prexuízos a terceiras persoas.

O artigo 45.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros; en consonancia co disposto, con carácter xeral, no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no que se indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte, antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar os prazos de execución e xustificación dos proxectos que, presentados ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A), se executen no primeiro dos períodos previstos no artigo 20.2 da Resolución do 3 de febreiro de 2021, de xeito que:

– Se o proxecto ou actuación subvencionado se executa entre o 1 de abril de 2021 e o 30 de novembro de 2021, o prazo de xustificación finalizará o 10 de decembro de 2021.

Segundo. Modificar o prazo de execución dos proxectos que, presentados ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A), se executen no segundo dos períodos previstos no artigo 20.2 da Resolución do 3 de febreiro de 2021, de xeito que:

– Se o proxecto ou actuación subvencionado se executa entre o 1 de decembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022, o prazo de xustificación finalizará o 15 de novembro de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia