Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de outubro de 2021, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 52301 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.ourense@xunta.gal

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de outubro de 2021

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

52301

76723660F

Resolución de baixa no Rexistro de Demandantes

97781

34628712G

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

98151

49705479H

Resolución de modificación de datos no Rexistro de Demandantes

98299

44454628H

Resolución de baixa no Rexistro de Demandantes