Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 22.10.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-29-18-C-1.

Obxecto da concesión: outorgamento inicial de concesión para regularización de liñas eléctricas de media e baixa tensión soterrada e centro de transformación.

Porto: Camelle.

Concesionario: Electra del Gayoso, S.L.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 121,07 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 2 % do importe anual neto da cifra anual de negocio.

Superficie concedida no título concesional: 125,31 m2.

– Data da resolución: 2.11.2020.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-21-15-C-1.

Obxecto da concesión: outorgamento inicial de concesión para ocupación da nave de 24 departamentos de usuarios para almacenamento de aparellos de pesca.

Porto: Laxe.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Laxe.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 4.249,03 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % do importe anual neto da cifra anual de negocio.

Superficie concedida no título concesional: 612 m2.

– Data da resolución: 9.12.2020.

Tipo de trámite: transmisión de titularidade (inter vivos) de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-46-04-C-1.

Obxecto da concesión: transmisión de titularidade por alleamento de accións da concesión para ocupación de edificio para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.

Porto: Aguiño.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Aguiño.

Prazo da concesión: ata o 3.7.2029.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 2.271,80 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Superficie concedida no título concesional: 1.105 m2.

– Data da resolución: 26.1.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-20-C-1.

Obxecto da concesión: outorgamento inicial de concesión administrativa para ocupación de almacén para depósito, reparación e inspección de balsas pneumáticas de salvamento.

Porto: Burela.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Burela.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 3.352,41 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida no título concesional: 209 m2.

– Data da resolución: 27.1.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-19-C-1.

Obxecto da concesión: outorgamento inicial de concesión administrativa para ocupación de nave de departamentos de armadores para almacén auxiliar da fábrica de xeo e almacén de medios mecánicos.

Porto: Burela.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Burela.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 8.542,89 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida no título concesional: 209 m2.

– Data da resolución: 27.1.2021.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-52-00-C-1.

Obxecto da concesión: segunda prórroga da concesión administrativa para construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a buques e coches.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Suministros Hervaz, S.L.

Prazo da concesión: ata o 23.1.2023.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 971,13 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 1 % das actividades portuarias de subministración de combustibles a buques, o 1,5 % das actividades portuarias de subministración de combustibles a automóbiles usuarios do porto e o 2 % das actividades non estritamente portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 365,09 m2.

– Data da resolución: 5.2.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-11-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de edificación no dominio público portuario para almacenamento de embarcacións náuticas de remo, piragüismo, vela e windsurf e actividades de promoción da náutica deportiva.

Porto: Miño.

Concesionario: Concello de Miño.

Prazo da concesión: 25 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 14.494,30 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.

Superficie concedida no título concesional: 666,42 m2.

– Data da resolución: 1.3.2021.

Tipo de trámite: ampliación de prazo extraordinario de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-02-C-1.

Obxecto da concesión: construción e explotación dunha nave para cámaras frigoríficas.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo da concesión: ata o 17.6.2039.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 7.346,69 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 1 % das actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 1.778.86 m2.

– Data da resolución: 1.3.2021.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-01-15-C-1.

Obxecto da concesión: explotación de bar restaurante.

Porto: Espasante.

Concesionario: Marcos Antonio Martínez Reimunde.

Prazo da concesión: ata o 3.8.2023.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 6.694,18 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 2 % das actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 1.778.86 m2.

– Data da resolución: 12.3.2021.

Tipo de trámite: transmisión de titularidade (inter vivos) de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-61-C-4.

Obxecto da concesión: construción dun almacén para efectos navais e útiles de pesca.

Porto: Burela.

Concesionario: Alejandro García Fochs.

Prazo da concesión: ata o 24.12.2027.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 624,09 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 1,5 % das actividades portuarias de efectos navais.

Superficie concedida no título concesional: 201,32 m2.

– Data da resolución: 12.3.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-91-C-1.

Obxecto da concesión: ampliación de prazo extraordinario e prórroga da concesión de ocupación de terreos do DPP con destino a centro comercial Lucus Market, S.L.

Porto: Viveiro.

Concesionario: Lucus Market, S.L.

Prazo da concesión: ata o 2.6.2034.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 36.826,72 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 2 % das actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 7.852,18 m2.

– Data da resolución: 26.3.2021.

Tipo de trámite: revisión de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-03-94-C-1.

Obxecto da concesión: construción dunha estación de servizo para subministración de carburantes líquidos a embarcacións.

Porto: Vilaxoán.

Concesionario: Pedro María Barros López.

Prazo da concesión: ata o 2.11.2024.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 910,03 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe neto da cifra de negocio anual que corresponda ao 1 % das actividades portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 506 m2.

– Data da resolución: 9.4.2021.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-05-00-C-1.

Obxecto da concesión: explotación e xestión de lonxa.

Porto: Vilanova.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Vilanova.

Prazo da concesión: ata o 17.10.2025.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 3.028,20 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, sendo de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003.

Superficie concedida no título concesional: 991,46 m2.

– Data da resolución: 26.4.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-30-20-C-1.

Obxecto da concesión: museo do naufraxio, aulas de formación náutica e cafetaría.

Porto: Camariñas.

Concesionario: Concello de Camariñas.

Prazo da concesión: 25 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 4.895,91 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será do 2 % o importe neto da cifra de negocio anual pola actividade de cafetería.

Superficie concedida no título concesional: 991,46 m2.

– Data da resolución: 29.4.2021.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-01-04-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de instalacións e terreos de dominio público portuario con destino a construción dun edificio social e almacén de embarcacións deportivas.

Porto: Pontecesures.

Concesionario: Concello de Pontecesures.

Prazo da concesión: ata o 17.5.2028.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 1.105,61 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será do 1 % o importe neto da cifra de negocio anual pola actividade de ensinanzas náuticas.

Superficie concedida no título concesional: 502,55 m2.

– Data da resolución: 5.5.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-09-18-C-1.

Obxecto da concesión: construción dunha nave para transformación e comercialización de produtos da acuicultura e pesca.

Porto: Meloxo.

Concesionario: Piñeirón, S.L.

Prazo da concesión: 25 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 1.898,30 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será do 1,5 % o importe neto da cifra de negocio anual pola actividade desenvolvida.

Superficie concedida no título concesional: 703,02 m2.

– Data da resolución: 18.5.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-02-97-C-1.

Obxecto da concesión: 1ª modificación substancial para ampliar superficie e obxecto de concesión no dominio público portuario para ampliar o obxecto a aulas de formación, central de vídeo vixilancia dos parques de cultivo de bivalvos, oficinas da confraría, almacenaxe de material da lonxa e aseos.

Porto: Carril.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Carril.

Prazo da concesión: ata o 9.7.2027.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 1.261,90 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Superficie concedida no título concesional: 715,19 m2.

– Data da resolución: 19.5.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-98-C-1.

Obxecto da concesión: 1ª modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario da concesión dunha nova lonxa climatizada e informatizada.

Porto: Burela.

Concesionario: Armadores de Burela, S.A.

Prazo da concesión: ata o 26.1.2040.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 10.822,92 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, o 1 % do importe neto da cifra de negocio anual das actividades de aluguer de departamentos e o 2 % do importe neto da cifra de negocio anual do local de hostalería.

Superficie concedida no título concesional: 11.646 m2.

– Data da resolución: 24.5.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-05-21-C-1.

Obxecto da concesión: bar-cafetaría.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: A Confraría Cultural, S.L.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 4.679,60 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será do 2 % do importe neto da cifra de negocio anual das actividades de hostalaría.

Superficie concedida no título concesional: 149 m2.

– Data da resolución: 28.5.2021.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-08-14-C-2.

Obxecto da concesión: explotación e xestión da lonxa.

Porto: O Grove.

Concesionario: Confraría de Pescadores do Grove.

Prazo da concesión: ata o 20.1.2026.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 6.986,84 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa e do 1,0 % da cifra neta de negocio das actividades portuarias de segunda venda de peixe e marisco.

Superficie concedida no título concesional: 1.616 m2.

– Data da resolución: 13.6.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-01-21-C-1.

Obxecto da concesión: explotación da piscina pública municipal.

Porto: Pontecesures.

Concesionario: Concello de Pontecesures.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 24.585,13 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será do 2 % das actividades non estritamente portuarias de explotación de piscina pública municipal.

Superficie concedida no título concesional: 1.414,80 m2.

– Data da resolución: 8.7.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-03-04-C-2.

Obxecto da concesión: construción de parque infantil de educación viaria.

Porto: Foz.

Concesionario: Concello de Foz.

Prazo da concesión: ata o 21.10.2027.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 9.423,23 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe será de 2 % das actividades non estritamente portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 3.428 m2.

– Data da resolución: 15.7.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-97-C-1.

Obxecto da concesión: construción dunha nova lonxa climatizada e informatizada.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo da concesión: ata o 17.6.2039.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 18.217,52 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio das actividades portuarias de aluguer de departamentos e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio das actividades de explotación/aluguer do local de hostalaría.

Superficie concedida no título concesional: 11.726 m2.

– Data da resolución: 23.8.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-31-20-C-1.

Obxecto da concesión: instalación dunha liña eléctrica soterrada de baixa tensión.

Porto: Muxía.

Concesionario: Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 29,98 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 2 % do importe neto da cifra anual de negocio.

Superficie concedida no título concesional: 30,55 m2.

– Data da resolución: 23.8.2021.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-22-13-C-1.

Obxecto da concesión: modificación substancial por incremento de volume construído na concesión de explotación dun varadoiro e zona de reparación de embarcacións de uso mixto pesqueiro/marisqueiro e deportivo.

Porto: Meira.

Concesionario: Pinturas Marinas Vigo, S.A.

Prazo da concesión: ata o 23.1.2039.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 6.171,97 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % do importe neto da cifra anual de negocio das actividades portuarias de estaleiros.

Superficie concedida no título concesional: 3.721 m2.

– Data da resolución: 27.8.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-19-21-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do edificio da lonxa para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa.

Porto: Aldán.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Aldán.

Prazo da concesión: 4 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 390,61 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Superficie concedida no título concesional: 269,24 m2.

– Data da resolución: 8.9.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-21-C-1.

Obxecto da concesión: construción rede subministro de telecomunicacións por fibra óptica.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Orange España, S.A.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 56,35 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % das actividades portuarias de redes de fornecementos e comunicacións a instalacións portuarias.

Superficie concedida no título concesional: 34,50 m2.

– Data da resolución: 15.9.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-07-20-C-1.

Obxecto da concesión: instalación dunha rede de colectores xerais de saneamento e emisario submarino.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionario: Concello de Viveiro.

Prazo da concesión: 50 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: exención do 100 % da TODP a corporacións locais por desenvolver actividades encadradas entre as súas finalidades públicas.

Superficie concedida no título concesional: 1.335,37 m2.

– Data da resolución: 30.9.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-13-19-C-1.

Obxecto da concesión: regularización dunha liña soterrada de media tensión.

Porto: Sada-Fontán.

Concesionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo da concesión: 15 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 674,74 € en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % das actividades portuarias de redes de fornecementos e comunicacións a instalación portuarias de electricidade ou gas e o 2 % das actividades portuarias de redes de fornecementos e comunicacións a instalacións non portuarias de electricidade ou gas.

Superficie concedida no título concesional: 443,26 m2.

– Data da resolución: 5.10.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-08-20-C-1.

Obxecto da concesión: construción de nave para depósito de embarcacións e escola municipal.

Porto: Ares.

Concesionario: Concello de Ares.

Prazo da concesión: 20 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 2.460,15 € en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 1 % do importe neto da cifra de negocio das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.

Superficie concedida no título concesional: 1.065 m2.

– Data da resolución: 14.10.2021.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-10-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación dominio público portuario con destino a explotación de instalacións de bar-cafetería da lonxa do porto.

Porto: Portonovo.

Concesionario: UTE Global Desliz, S.A. e Casa Marín, S.L.

Prazo da concesión: 25 anos.

Taxas que se van devindicar a Portos de Galicia: 23.013,67 € en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos, o importe da taxa será do 2,2 % do importe neto da cifra de negocio das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida no título concesional: 355 m2.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia