Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se acorda a remisión do expediente no procedemento ordinario 4070/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, da Coruña, contra a resolución pola que se retrotrae o procedemento para a obtención da modalidade de anemone ao abeiro do plan de explotación para o recurso específico desde embarcación, das confrarías de pescadores de Marín, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán e Bueu, ao momento da publicación da relación definitiva de solicitudes seleccionadas.

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, da Coruña, o requirimento de remisión do expediente e a práctica dos emprazamentos relativos ao procedemento ordinario 4070/2021 formulado por Jesús Míguez Otero fronte á resolución pola que se retrotrae o procedemento para a obtención da modalidade de anemone ao abeiro do plan de explotación para o recurso específico desde embarcación, das confrarías de pescadores de Marín, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán e Bueu, ao momento da publicación da relación definitiva de solicitudes seleccionadas.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. Se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emplazadas para que se poidan personar como parte, se o consideran oportuno, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, da Coruña, no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de outubro de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo