Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2020-00000475 e seis máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020.

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións recaídas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2020-00000475

79340851M

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00002514

KD4593015

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00003493

47404672Q

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00004490

FW301306

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00004720

53397753X

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00005822

X9985052Q

Resolución do 30.8.2021

BS403B-2020-00013810

47363422M

Resolución do 30.8.2021