Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de outubro de 2021, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia da Coruña.

A Coruña, 15 de outubro de 2021

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa María.

Signatura: TR-CO-000064.

Razón social: Mapegui, S.L.

Domicilio: lugar de Casas do Monte, 10, Laraño.

Concello: Santiago de Compostela.