Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52718

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2021 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques de dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Mediante a Resolución do 29 de xuño de 2021 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E) (DOG nº 130, do 9 de xullo).

No terceiro parágrafo do punto cuarto da devandita resolución establécese que o prazo de execución dos proxectos e o da xustificación da execución rematarán o 15 de novembro de 2021.

A actual escaseza de microchips, así como a súa dificultade de subministración, derivada dos efectos da crise ocasionada pola COVID-19, pode xerar atrasos importantes na subministración dalgúns dos conceptos subvencionables definidos no artigo 5 das bases da convocatoria, en particular no que se refire a equipamentos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico, o que impediría a súa execución no prazo establecido.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas e co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 30 de decembro de 2021 o prazo máximo de execución dos proxectos e o de xustificación da execución, previsto no terceiro parágrafo do punto cuarto do Resolvo da Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica