Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública do texto inicial do convenio urbanístico de planeamento para a tramitación da modificación número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido, para a mellora do sistema xeral de espazos libres SE-P 6_3.

Foi negociado e subscrito con Aceites Abril, S.L., propietario xuntamente co Concello dos terreos afectados, o texto inicial do convenio urbanístico citado no encabezamento.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 400.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, 25.1 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais arriba referenciadas, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello http://sancibrao.sedelectronica.es

San Cibrao das Viñas, 19 de outubro de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde