Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta das parcelas non incorporadas voluntariamente á Xunta de Compensación UA B, polígono número 2 SAU 11.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 9 de setembro de 2021, acordou aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta unha vez incorporadas as alegacións formuladas e que foron estimadas por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 18 de marzo de 2021: proxecto de expropiación forzosa polígono 2 SAU 11, Melide (A Coruña) abril 2021, asinado dixitalmente o 26 de xullo de 2021 polo arquitecto Santiago Muñiz Gómez, que tivo entrada no Rexistro Municipal con data do 27 de xullo de 2021 e co número 2021000000002477.

O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. A ocupación comporta a necesidade de levantar unha acta nos termos contidos la lexislación estatal.

O contido do acordo notificaráselles ás persoas interesadas titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un prazo de 20 días durante o cal poderán manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente.

O expediente estará á disposición dos interesados durante o prazo de 20 días nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Melide, das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa, que poderá solicitarse no teléfono 981 50 50 03. Tamén se publica o anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión na provincia. Así mesmo, estará na sede electrónica deste concello xunto co proxecto aprobado definitivamente, no seguinte enderezo: sede.concellodemelide.gal

Melide, 4 de outubro de 2021

José Manuel Pérez Penas
Alcalde