Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52707

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (código de procedemento PE401I).

BDNS (Identif:): 591564.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levaran a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos, 120 días durante os anos 2018 e 2019.

Segundo. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

Paralización temporal da actividade de marisqueo a pé do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2020 (ambos incluídos) como consecuencia do gromo da COVID-19.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 25 de outubro de 2021 da Consellería do Mar, pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (código de procedemento PE401I).

Cuarto. Importe

O importe máximo das axudas que se concedan ascenderá a 2.000.000 de euros.

Aplicación orzamentaria 2021 15 02 723A 7708, código de proxecto 2020 00085, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar