Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do expediente con código PO-00011255P(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza, concello da Veiga, provincia de Ourense, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes.

Primeiro. O 22.10.2019 tivo entrada o expediente con código PO-00011255P(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza.

Segundo. O 17.8.2021 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático resolveu o procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificado en sentido favorable, concluíndo que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria. A resolución foi publicada no DOG núm. 170, do 3.9.2021.

Terceiro. O 23.9.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do expediente con código PO-00011255P(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza, concello da Veiga, provincia de Ourense, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00011255P(1.1) primeira presentación proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza.

A dita resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal 

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal