Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52405

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se amplían o orzamento e os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 19 de decembro de 2018, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, modificada pola Resolución do 6 de agosto de 2020 (código de procedemento IG408A).

BDNS (Identif.): 434603.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 1.200.000 € o crédito dispoñible da convocatoria das axudas aos proxectos de investimento empresarial publicada mediante a Resolución do 19 de decembro de 2018 e modificada mediante Resolución do 6 de agosto de 2020, con cargo á partida orzamentaria 06.A1.741A.7701, quedando fixado do seguinte xeito:

2.000.000 € con cargo ao ano 2020, 3.100.000 € con cargo ao ano 2021, 3.100.000 € con cargo ao ano 2022 e 2.000.000 € con cargo ao ano 2023.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica