Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 49029 e tres máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, nº 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos da súa petición.

Vigo, 8 de outubro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

49029

T35P331 (representante Y0120882P)

10.6.2021

49435

Y7969402P

23.6.2021

49701

Y7457046T

21.7.2021

49838

118636660

16.7.2021