Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 51628

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se modifica o anexo da Resolución do 13 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN519B), por medio da Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 13 de xullo de 2021 procedeuse á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da dita orde (DOG núm. 141, do 26 de xullo de 2021).

Pola Orde do 29 de xuño de 2021 ampliouse o crédito orzamentario inicial (DOG núm. 127, do 6 de xullo). Ademais, concellos beneficiarios dunha subvención renunciaron ás axudas concedidas. Todo isto xerou crédito dispoñible que foi destinado a atender as solicitudes que figuraban na listaxe de espera, consonte o establecido na epígrafe Condicións xerais para os expedientes que conforman a listaxe de espera da Resolución do 12 de maio de 2021.

Procédese por medio desta resolución á publicación dos beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020. No anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A listaxe inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda

Concello de Allariz

P3200200H

IN519B 2021/51-0

Mellora de infraestrutura viaria no parque empresarial de Chorente-Allariz-SUI-1 Roiriz.

96.000,00 €

Concello de Ames

P1500200I

IN519B 2021/36-0

Obras de acondicionamento no polígono empresarial Novo Milladoiro.

106.351,73 €

Concello de Begonte

P2700700D

IN519B 2021/03-0

Mellora das infraestruturas de recollida de residuos no polígono industrial de Begonte.

29.891,84 €

Concello de Bergondo

P1500800F

IN519B 2021/01-0

Pavimentación do acceso ao polígono de Bergondo desde a estrada N-VI e reparación das zonas de servizos.

113.725,72 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2021/68-0

Mellora da infraestrutura viaria no parque empresarial de Espiñeira.

118.041,50 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2021/78-0

Subministración e instalacións de puntos para xestión de residuos dentro do parque empresarial.

65.673,80 €

Concello de Boqueixón

P1501200H

IN519B 2021/46-0

Xestión de residuos.

48.585,17 €

Concello de Cambados

P3600600E

IN519B 2021/34-0

Dotación de infraestruturas no polígono industrial de Sete Pías.

96.000,00 €

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2021/71-0

Mellora das infraestruturas viarias no interior do parque empresarial da Facha.

37.225,53 €

Concello do Carballiño

P3202000J

IN519B 2021/33-0

Mellora da vía de acceso oeste da área empresarial do Carballiño.

38.697,40 €

Concello de Carballo

P1501900C

IN519B 2021/43-0

Mellora da seguridade viaria no polígono industrial de Bértoa.

59.668,06 €

Concello de Catoira

P3601000G

IN519B 2021/37-0

Instalación de seguridade e vixilancia.

19.849,72 €

Concello de Celanova

P3202500I

IN519B 2021/85-0

Ampliación da EDAR do polígono industrial de Celanova.

111.772,20 €

Concello de Celanova

P3202500I

IN519B 2021/90-0

Mellora da accesibilidade e seguridade viaria no parque empresarial de Celanova.

25.033,53 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2021/69-0

Beirarrúas na marxe dereita na vía de acceso LU-P-1510 sentido Burela-San Cibrao.

120.000,00 €

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2021/73-0

Xestión de residuos.

120.000,00 €

Concello de Chantada

P2701600E

IN519B 2021/20-0

Ampliación da EDAR do polígono industrial de Chantada.

119.999,42 €

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2021/21-0

Infraestruturas viarias no parque empresarial de Coirós.

120.000,00 €

Concello de Curtis

P1503200F

IN519B 2021/92-0

Mellora da infraestrutura viaria existente no polígono industrial de Teixeiro. Fase I.

120.000,00 €

Concello de Dozón

P3601600D

IN519B 2021/62-0

Mellora da infraestrutura de beirarrúas nas vías de acceso ao polígono industrial de Dozón.

119.912,65 €

Concello de Dozón

P3601600D

IN519B 2021/64-0

Instalación de sistema de seguridade e vixilancia no polígono industrial de Dozón.

25.092,90 €

Concello de Forcarei

P3601800J

IN519B 2021/84-0

Mellora das vías do polígono de Cachafeiro.

63.197,26 €

Concello da Gudiña

P3203500H

IN519B 2021/06-0

Mellora do saneamento.

81.664,81 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2021/17-0

Mellora da sinalización e das infraestruturas viarias no interior do parque empresarial de Racelo.

38.717,85 €

Concello de Melide

P1504700D

IN519B 2021/40-0

Reposición de vías no parque empresarial da Madanela.

70.731,94 €

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

IN519B 2021/31-0

Mellora e ampliación de camiño público no polígono industrial do Reboredo.

120.000,00 €

Concello de Monterroso

P2703200B

IN519B 2021/60-0

Repintado de marcas viarias no parque empresarial de Monterroso.

21.818,81 €

Concello de Moraña

P3603200A

IN519B 2021/81-0

Renovación de beirarrúas no polígono industrial de Monte Afieiras.

34.689,30 €

Concello de Moraña

P3603200A

IN519B 2021/87-0

Renovación e ampliación de beirarrúas no polígono industrial de Mirallos.

59.230,94 €

Concello de Muros

P1505400J

IN519B 2021/30-0

Mellora das infraestruturas no parque empresarial de Muros. Fase I.

56.080,90 €

Concello de Narón

P1505500G

IN519B 2021/54-0

Reforzo de pavimento na rúa Panadeiros, rúa Arrieiros e acceso ao polígono Río do Pozo.

95.090,87 €

Concello de Negreira

P1505700C

IN519B 2021/63-0

Creación de puntos para a xestión de residuos no parque empresarial de Negreira.

37.238,91 €

Concello de Noia

P1505800A

IN519B 2021/45-0

Substitución do sistema de vídeovixilancia do polígono industrial de Augalevada.

38.408,86 €

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B 2021/47-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono de Merelle.

120.000,00 €

Concello de Oroso

P1506100E

IN519B 2021/66-0

Mellora de pavimento na rúa Otero Pedrayo e na avenida Álvaro Cunqueiro e substitución de canle na rúa Eduardo Pondal.

99.053,67 €

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

IN519B 2021/61-0

Mellora das vías do parque empresarial da Reigosa.

36.765,22 €

Concello de Ponteceso

P1506900H

IN519B 2021/93-0

Mellora dos accesos ao parque empresarial Tella.

120.000,00 €

Concello de Pontedeva

P3206500E

IN519B 2021/16-0

Vía de acceso ao polígono de Trado.

96.000,00 €

Concello da Pontenova

P2704800H

IN519B 2021/57-0

Mellora da rede viaria do polígono industrial da Pontenova.

74.194,22 €

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

IN519B 2021/19-0

Construción dun punto limpo no polígono industrial de Pena Porreira.

120.000,00 €

Concello de Rábade

P2705600A

IN519B 2021/28-0

Sistema de videovixilancia no polígono industrial de Rábade.

40.488,81 €

Concello de Rianxo

P1507300J

IN519B 2021/56-0

Infraestruturas viarias no parque empresarial de Rianxo.

19.630,93 €

Concello de Ribadavia

P3207000E

IN519B 2021/12-0

Mellora de infraestruturas viarias no interior do parque empresarial de Ribadavia.

38.719,27 €

Concello de Ribeira

P1507400H

IN519B 2021/55-0

Pavimentación e pluviais na rúa transversal á avenida Ramiro Carregal Rey. Polígono industrial de Xarás.

73.202,85 €

Concello da Rúa

P3207300I

IN519B 2021/72-0

Continuación infraestrutura viaria vía 2.

119.709,54 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2021/22-0

Ampliación do sistema de televixilancia no polígono de San Cibrao das Viñas.

38.396,25 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2021/23-0

Reparación de vías no polígono industrial de Barreiros.

41.378,40 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2021/52-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial de San Cristovo de Cea.

114.688,68 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2021/53-0

Protección contra incendios.

78.511,68 €

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

IN519B 2021/59-0

Rehabilitación de firme na vía Edison.

96.000,00 €

Concello de Sanxenxo

P3605100A

IN519B 2021/86-0

Actuacións nas infraestruturas viarias do parque empresarial de Nantes.

98.675,17 €

Concello do Saviñao

P2705800G

IN519B 2021/09-0

Acondicionamento dos accesos e melloras no parque empresarial do Peago.

40.893,16 €

Concello de Taboada

P2706000C

IN519B 2021/76-0

Construción de aparcadoiro no parque empresarial de Taboada.

119.747,97 €

Concello de Tordoia

P1508500D

IN519B 2021/67-0

Acondicionamento da saída de pluviais do sector de solo urbanizable industrial S-03 e outra.

88.658,30 €

Concello de Val do Dubra

P1508900F

IN519B 2021/58-0

Planta de depuración de augas residuais do polígono de Val do Dubra.

120.000,00 €

Concello de Valga

P3605600J

IN519B 2021/25-0

Mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial de Campaña (zona sur).

94.743,67 €

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

IN519B 2021/04-0

Acondicionamento de vía no polígono do Camballón.

84.996,77 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

IN519B 2021/80-0

Ampliación da instalación de hidrantes para a loita contra incendios.

10.790,62 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

IN519B 2021/83-0

Reordenación da sinalización viaria.

13.336,65 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2021/70-0

Instalación de hidrantes contra incendios no polígono empresarial de Tamallancos.

31.650,36 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2021/77-0

Mellora da accesibilidade e seguridade no acceso e nas vías do polígono empresarial de Tamallancos.

2.253,15 €

Concello de Vimianzo

P1509300H

IN519B 2021/79-0

Dotación de sistemas de seguridade mediante videovixilancia no parque empresarial de Vimianzo.

22.711,50 €

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

IN519B 2021/50-0

Instalación de sistemas de vídeovixilancia dentro do parque empresarial

36.711,97 €