Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51438

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia emprende) (código de procedemento IG406F).

BDNS (Identif.): 543513.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 9.960.000 €, no exercicio 2022, o crédito dispoñible para concesión das axudas desta convocatoria, na partida orzamentaria 06.A1.741A.770.4, que queda establecido do seguinte xeito: 500.000 € con cargo ao ano 2021 e 14.460.000 € con cargo ao ano 2022.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica