Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución correspondente ao desprazamento da tubaxe de DN-6’’ de aceiro APA-16 bar da rede RAA-1022, afectada pola ampliación do Hospital Gran Montecelo, na avenida Montecelo de Pontevedra (Pontevedra) (expediente IN627A 2021/1-4).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia, S.A., con CIF nº A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

Con data do 7 de maio de 1996, a Dirección Xeral de Industria emite resolución pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación da rede de distribución de gas natural para usos industriais (rede Pontevedra-Arcade), nos termos municipais de Pontevedra, Vilaboa e Soutomaior (DOG nº 151, do 2 de agosto).

Con data do 20 de xaneiro de 2000, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio autorizou a transmisión de instalacións sitas na comunidade galega, de acordo coa operación de escisión da rama de distribución de gas levada a cabo pola empresa Enagás, S.A., a favor de Gas Natural SDG, S.A. (actualmente Nedgia, S.A.).

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución correspondente ao desprazamento da tubaxe de DN-6’’ de aceiro APA-16 bar da rede RAA-1022, afectada pola ampliación do Hospital Gran Montecelo, na avda. Montecelo de Pontevedra (Pontevedra), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). Este tramo da tubaxe pertence á devandita rede Pontevedra-Arcade.

Descrición das instalacións:

Elementos

Material

Vértices

DN

e (mm)

Lonxitude (m)

Desprazamento canalización de gas

Aceiro

V-0 a V-43

6’’

3,6

490

Elementos

Material

DN

Ud.

Válvula

Aceiro

6’’

1

A tubaxe de aceiro construirase de acordo coa especificación UNE-EN-ISO-3183, en calidade Gr L245 ou equivalente. Ademais, cumprirá cos requisitos exixidos na Instrución técnica complementaria ITC-ICG 0.1 do Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos, segundo o Real decreto 919/2006, do 28 de xullo.

A válvula cumprirá coa norma UNE-EN ISO 17292.

Concello: a solicitude afecta o termo municipal de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: 81.613,74 euros.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de gas. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias do Concello de Pontevedra (r/ Michelena, 3, 36071 Pontevedra).

Pontevedra, 6 de outubro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra