Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51275

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar para a realización da asistencia técnica na elaboración dun plan estratéxico para o sector das conservas de peixes e mariscos de Galicia nos anos 2022-2030, para ser executada durante os anos 2021 e 2022.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 28 de setembro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización da asistencia técnica na elaboración dun plan estratéxico para o sector das conservas de peixes e mariscos de Galicia nos anos 2022-2030.

– Actividade: descrición dos traballos que serán obxecto do encargo para a elaboración dun plan estratéxico para o sector das conservas de peixes e mariscos de Galicia nos anos 2022-2030.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 28 de setembro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar