Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de exposición pública do expediente da orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1084/2021).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

Nº expediente

Titular catastral

Referencia catastral

Nome do lugar

Parroquia

76/2021

Abilio Garabatos Toucedo

36030A019000570000MB

Prado

Vilasobroso

444/2019

En investigación, artigo 47
da Lei 33/2003

4655704NG4745N0001HM

Mondariz

455/2020

Casiano Barros Martínez

36030A071022830000MA

Piñeiros

Riofrío

491/2021

Adelina Barcia Alfaya

36030A044002320000MT

Eido Benito

Vilar

535/2021

Rudesinda Gil Carballo

36030A009004970000MX

Bouzas

Covas

Mouriscados

540/2021

Francisca Fernández Iglesias

36030A044002660000MM

Xeixal

Vilar

588/2021

Concello-comunais

36030A059005010000MX

Regueiro

Sabaxáns

708/2021

En investigación, artigo 47
da Lei 33/2003

36030A062000370000MG

Veiga Chan

Toutón

713/2021

Dalmiro Álvarez Álvarez

36030A009004660000MI

Cacharamba

Mouriscados

719/2021

En investigación, artigo 47
da Lei 33/2003

36030A064005410000MT

Paradela

Vilar

796/2021

María Tellado Cortellas

36030A011000310000ML

Marco

Meirol

803/2021

María Carmen Bernárdez

Fernández

36030A039001250000MR

Cocho

Mondariz

807/2021

Rita Mera Reboreda

36030A036003270000MI

Apazan

Mondariz

808/2021

Rita Mera Reboreda

36030A020002710000MQ

Eido Bispo

Mondariz

827/2021

Carmen Cousiño Casal

36030A071017010000MP

Pé Muíño

Sabaxáns

946/2021

En investigación, artigo 47
da Lei 33/2003

36030A077000030000MH

Carboal

Sabaxáns

962/2021

Otilia Abril Abril

36030A047002810000MA

Toxeiras

Mondariz

837/2021

Adelina Barcia Alfaya

36030A054015710000MW

P. Mouro

Vilar

840/2021

En investigación, artigo 47
da Lei 33/2003

36030A054015740000MY

Penedo Mouro

Vilar

842/2021

Francisca Fernández Iglesias

36030A054015760000MQ

Gorgullón Peq.

Vilar

856/2021

José Alvariño Otero

36030A061007190000MS

Laiado

Toutón

973/2021

Antonio Prieto Faro

36030A011010880000MA

Xesela

Meirol

1081/2021

Maximino Táboas Rivera

36030A016002880000MB

Campo

Vilasobroso

En virtude do anterior comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, mediante a presente comunícase ás persoas responsables que dispoñen dun prazo máximo de 30 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Unha vez transcorrido o devandito prazo e en caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión da biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e a defensa contra os incendios forestais do Concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018), para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De interporse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, e entenderase rexeitado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; daquela, os interesados poderán interpor o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente rexeitado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 29 de setembro de 2021

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde