Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 30 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Bretoña, nos concellos de Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo (expediente IN408A 2020/107).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Norvento, S.L.U. (CIF B-27210285).

Domicilio social: r/ Ramón María Aller Ulloa, nº 23, 27003 Lugo.

Denominación do proxecto: parque eólico Bretoña.

Situación: concellos de Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Carracedo.

Potencia instalada: 3 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.

Produción neta anual estimada: 13.277 MW h/ano.

Orzamento total (execución material): 2.180.841,30 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

636.175,27

4.803.836,52

2

635.335,28

4.802.676,51

3

637.065,29

4.802.416,53

4

637.065,29

4.802.769,03

5

636.835,12

4.802.769,03

6

636.425,28

4.802.976,52

Coordenadas de localización do aeroxerador:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

BR01

636.789

4.802.640

Coordenadas da envolvente da subestación existente do parque eólico Carracedo:

Subestación

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

635.713,38

4.802.795,92

2

635.753,02

4.802.813,43

3

635.775,99

4.802.801,16

4

635.778,01

4.802.796,59

5

635.773,82

4.802.766,87

6

635.737,76

4.802.750,94

7

635.729,11

4.802.760,30

Características técnicas principais das instalacións:

– 1 aeroxerador de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, de 82 m de altura da buxa, 136 m de diámetro de rotor e 150 m de punta de pa.

– 1 centro de transformación de 4.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/30 kV, instalado no interior da góndola do aeroxerador, co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión subterránea para a evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre o centro de transformación do aeroxerador 0,65/30 kV e a subestación transformadora existente 30/132 kV, composta por 1 circuíto con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV 1×95 K Al+H16.

– Ampliación da subestación transformadora do parque eólico Carracedo 30/132 kV, para a evacuación da enerxía producida no parque eólico, consistente na ampliación das celas normalizadas de distribución primaria para protección do PE Bretoña, modificacións nos axustes de proteccións e instalación de novos equipamentos de medida fiscal.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao aeroxerador, cimentacións, plataforma do aeroxerador e gabias de cableado.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (de decembro de 2020) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción, e declaración de utilidade pública, en concreto, que levará implícita, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

– Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados e planos de parcelario (setembro de 2021).

– Estudo de impacto ambiental (de xullo de 2021) e estudo do impacto sobre o patrimonio cultural (xullo de 2020).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de decembro de 2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, así como, en particular, dos/das propietarios/as dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/bretona

O estudo de impacto ambiental tamén estará dispoñible, durante o mesmo prazo, na Xefatura Territorial da Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Lugo, 30 de setembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Bretoña

parcela

Titular proposto

Parcela

Afeccións (m2)

Nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo (aero)

Outras

afeccións

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Zap.-Plat.

Vía/vía-gabia

OT

Termo municipal da Pastoriza

1

MVMC Carracedo e Río Seco

(Pte. Luis Polo Pena)

27044A006050030000MR

6

5003

Pena da Veiga

Monte baixo

1.711

3.093

2

Domnino López García

27044N002001590000FH

2

159

Quenllas

Monte alto

6

3

Jaime Iglesias Legaspi

27044N002001540000FJ

2

154

Carracedo

Monte alto

347

4

María Pilar Vila Comendeiro

27044N002001530000FI

2

153

Carracedo

Monte alto

239

5

Bernardo Gómez Rivas

27044N002001520000FX

2

152

Carracedo

Monte alto

296

6

José Muiña Fernández

27044N002001510000FD

2

151

Carracedo

Monte alto

332

Benedicta Muiña Fernández

Fe Muiña Fernández

7

María Rosa Elvira Doval Fontela

27044N002001500000FR

2

150

Carracedo

Monte alto

322

Eduardo Seivane Doval

Iván Seivane Doval

8

Bernardo Gómez Rivas

27044N002001480000FD

2

148

Carracedo

Monte alto

3.090

Dolores Seivane Álvarez

María del Mar Seivane Álvarez

Venancio Seivane Álvarez

9

Grupo Bascuas 2008, S.L.

27044N002001460000FK

2

146

Granxón

Monte alto

3.126

2.374

8.190

918