De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a proposta de resolución relativa ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente |
Procedemento |
DNI da persoa interesada |
Acto que se notifica |
20072700503-2019-8905 |
Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia |
33322456X |
Proposta de resolución por desistencia da cesión temporal |