Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021 pola que se fai pública a formalización da encarga co medio propio personificado Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para a execución do servizo de apoio na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e coa planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésima cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e na demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire a encarga: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e da páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de tramitación do expediente: encarga a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encarga.

Título e obxecto: servizo de apoio a Augas de Galicia na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e coa planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia.

Clave do expediente: ENC.21005.

Código CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-1 (servizos de enxeñaría).

Empresa destinataria da encarga: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

Data de aprobación: 29 de setembro de 2021.

Data de formalización: 30 de setembro de 2021.

Orzamento: 860.506,12 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 1.721.012,24 euros. Inclúe o orzamento inicial e as eventuais prórrogas previstas da encarga.

Prazo de execución: 12 meses con previsión de prórrogas con incremento do gasto ata un máximo de 12 meses e sen prexuízo da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto da encarga que fose/n necesaria/s sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 30 de setembro de 2021.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia