Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50756

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 8 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (códigos de procedemento CT500B e CT500C).

BDNS: (Identif.): 589327.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas a través dos bonos culturais e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT500B).

Así mesmo, por medio desta orde procédese á apertura do prazo de adhesión dos establecementos culturais interesados (código de procedemento CT500C).

Segundo. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (códigos de procedemento CT500B e CT500C).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destinaranse 1.950.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432B.480.0, proxecto 2021 00159, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios dos establecementos adheridos ao programa.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 50 euros por usuario para as compras nos establecementos adheridos.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra, de acordo co seguinte criterio:

• Desconto do 50 % da compra realizada ata un máximo de desconto de 50 €.

As contías enténdense co IVE incluído.

Quinto. Prazo para que os establecementos culturais se adhiran ao programa

O prazo para que os establecementos culturais se poidan adherir ao programa será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 1 de novembro de 2021 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2021.

Mediante orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderase modificar a dita data se razóns organizativas, sanitarias ou doutra índole así o aconsellan, do cal se dará a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade