Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 30 de setembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2018/321-4.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13.
Concello: O Porriño.
Nº |
Nome e apelidos |
Enderezo |
Concello |
Día |
Hora |
60 |
Emilio Romero |
Descoñecido |
O Porriño |
18.11.2021 |
10 |
64 |
Hros. de Olivia Besada Besada |
Descoñecido |
O Porriño |
18.11.2021 |
10 |
108 |
Descoñecido |
O Porriño |
19.11.2021 |
10 |
|
110 |
Descoñecido |
O Porriño |
19.11.2021 |
10 |
|
142 |
Descoñecido |
O Porriño |
19.11.2021 |
10 |