Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de setembro de 2021 pola que se notifica a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Meigas Fóra, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Alberto Rodríguez Fernández, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 9 de setembro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación Meigas Fóra, con folio 7ª-CA-3-118-93, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados), por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada na explanada de depósitos do porto de Tragove sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde o 19 de setembro de 2018, data esa en que foi trasladada a embarcación en execución de resolución que decretaba caducidade de praza de atracada no porto de Cangas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario.

O presidente de Portos de Galicia, emite esta resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia