Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3).

Detectado un erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 27 de setembro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 47404 e 47405, no anexo da citada resolución coa relación de bens e dereitos afectados, nos predios números 6, 8, 10, 12, 14 e 18, na columna do nome e apelidos, onde di: «CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros», debe dicir: «Comunidade de Montes Veciñais Santa María de Cenlle».