Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Piñeiro a favor dos veciños/as da parroquia de Castromao (Santa María), no concello de Celanova (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 23 de xuño de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Nome do monte: Piñeiro.

Superficie: 5,563 ha.

Pertenza: veciños/as de Piñeiro.

Parroquia: Castromao (Santa María).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Concello

Datos catastrais

Superficie que se vai clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Paraxe

Superficie catastral (m2)

Celanova (25)

510

5702

O Castro

22.033

22.033

5034

O Castro

17.276

17.276

508

5563

Montes Pedra da Moa e Couto

13.786

13.786

65

1

Montes Pedra da Moa e Couto

2.535

2.535

2. Estremas das parcelas en clasificación.

1. Parcela 5702 do polígono 510.

Norte: polígono 510, parcelas: 9004 (camiño), 5044.

Leste: polígono 510, parcela: 5044.

Sur: polígono 510, parcelas: 9005 (camiño), 433.

Oeste: polígono 510, parcela: 9004 (camiño).

2. Parcela 5034 do polígono 510.

Norte: polígono 510, parcelas: 5001, 5002, 5003, 5004, 5005, 5006.

Leste: polígono 67, parcela 9002 (estrada Castromao-Arrabalde).

Polígono 510, parcela 9003 (estrada Castromao-Arrabalde).

Sur: polígono 510, parcela 5044.

Oeste: polígono 510, parcelas: 5035, 5025, 5024, 5023, 5022, 5021.

3. Couto redondo formado polas parcelas 5563 do polígono 508 e a parcela 1 do polígono 65.

Norte: polígono 508, parcelas: 5553, 55556, 5557, 5558, 5559 e 55560.

Leste: polígono 508, parcela 9014.

Sur: polígono 65, parcelas: 9003 e 9004.

Oeste: polígono 67, parcela 9005.

Para clasificar o couto redondo formado polas parcelas 182, 254, 000100300NG86H0001PL (parte), e 9003 (parte) do polígono 44 sería necesario definir previamente o seu linde polo sur da parcela San Marcos do MVMC Puzal, Costa do Oeste, Monte da Santa, Carboeiro e Serra de San Marcos, da CMVMC Gandarela, Canabelas, Ferrería Buratiña e O Pazo, polo que deberán previamente chegar a un acordo coa citada comunidade.

E tamén se acorda excluír do inicio do procedemento de clasificación a parcela 5562 do polígono 508, pois xa fora excluída no ano 1986 da clasificación do monte dos veciños da parroquia de Vilanova dos Infantes (Celanova) ao recorrer o Concello de Celanova á clasificación das parcelas Costa da Pedra da Moa e Couto, na cal está incluída a antedita parcela (sentenza nº 58/1986 da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña).

A parcela 5702 do polígono 510 está ocupada por un asentamento castrexo parcialmente reconstruído.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para poderen examinar o expediente e efectuaren as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 27 de setembro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense