Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 85/80 e nove máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 13.9.2021, figuran os seguintes acordos:

– Monte Padrón, O Seixo e Peón (exp. 85/80), pertencente aos veciños de Chavín, Freixeiro, Manxofrío e Sisto, parroquia de Cabanas, concello do Vicedo.

O 25.3.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

O 16.7.2021 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_17) na cal a superficie do monte de Padrón, O Seixo e Peón pasa a ser de 123,13 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Vilarbasín (exp. 46/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarbasín, concello de Portomarín.

O 30.6.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Após o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 25.6.2021.

O 9.9.2021 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_26) na cal a superficie do monte de Vilarbasín pasa a ser de 410,88 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte Cexurias e Pena Marela (exp. 142/77), pertencente aos veciños dos lugares de Abrente, Gorgoeira e Pacio, na parroquia de Mosteiro, concello de Navia de Suarna.

O 30.7.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

O 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_38) na cal a superficie do monte Cexurias e Pena Marela pasa a ser 237,92 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– Monte Portomarín (exp. 18/75), pertencente aos veciños de San Nicolao e San Pedro de Portomarín, concello de Portomarín.

O 22.7.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

O 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_33) na cal a superficie do monte Portomarín pasa a ser 332,80 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– Monte San Roque (exp. 3/85), pertencente aos veciños da parroquia de Sobrecedo, no concello de Taboada.

O 28.4.2021 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

O 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2021_18) na cal a superficie do monte San Roque pasa a ser 9,74 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– Monte Biduedo (exp. 133/77), pertencente aos veciños de Biduedo, da parroquia de Pedrafita de Camporrendondo, concello de Baralla.

O 1.2.2021 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

O día 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2021_5) na cal a superficie do monte Biduedo pasa a ser 139,51 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– Monte Ferroedo (exp. 153/80), pertencente aos veciños da parroquia de Toiriz, concello de Pantón.

O 12.3.2021 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Após o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 21.6.2021.

O día 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2021_11) na cal a superficie do monte Ferroedo pasa a ser 509,00 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– Monte Castelo de San Martiño e Fragamoura (exp. 53/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Landrove, concello de Viveiro.

O 1.7.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Após o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 23.7.2021.

O día 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_27) na cal a superficie do monte Castelo de San Martiño e Fragamoura pasa a ser 154,83 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– Monte Nocedo (exp. 29/73), pertencente aos veciños da parroquia de Nocedo, concello de Quiroga.

O 3.2.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Após o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 27.7.2021.

O día 9.9.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2020_9) na cal a superficie do monte Nocedo pasa a ser 799,16 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– Monte Egualonga, Castelo de Gohia, Espigón, Carraceiro, Chao da Lagoa, Quintás e Estreito (exp. 121/80), pertencente aos veciños da parroquia de Lousada, no concello de Xermade.

O 21.9.2019 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

Contra esta proposta foron presentadas alegacións o 20.10.2020 por varios veciños de Lousada que, en síntese, manifestan que a revisión non respecta a partición dos denominados Montes de Teixido, que exclúe parte destas parcelas de monte particular mais non ten en conta a totalidade.

Tras darlle traslado das alegacións presentadas, o 3.6.2021 a comunidade de Lousada presentou un escrito en que manifesta que a superficie reclamada polos alegantes xa se atopaba incluída dentro do esbozo de clasificación do MVMC e que, parte dela, tamén está dentro da superficie do convenio número 2715707.

O 9.9.2021 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_64RV) na cal a superficie do monte de Egualonga, Castelo de Goía, Espigón, Carraceiro, Chao da Lagoa, Quintás e Estreito pasa a ser de 713 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de setembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo revisado do MVMC Padrón, O Seixo e Peón. O Vicedo

missing image file

ANEXO II

Esbozo revisado do MVMC Vilarbasín. Portomarín

missing image file

ANEXO III

Esbozo revisado do MVMC Cexurias e Pena Marela. Navia de Suarna

missing image file

ANEXO IV

Esbozo revisado do MVMC Portomarín. Portomarín

missing image file

ANEXO V

Esbozo revisado do MVMC San Roque. Taboada

missing image file

ANEXO VI

Esbozo revisado do MVMC Biduedo. Baralla

missing image file

ANEXO VII

Esbozo revisado do MVMC Ferroedo. Pantón

missing image file

ANEXO VIII

Esbozo revisado do MVMC Castelo de S. Martiño e Fragamoura. Viveiro.

missing image file

ANEXO IX

Esbozo revisado do MVMC Nocedo. Quiroga.

missing image file

ANEXO X

Esbozo revisado do MVMC Egualonga, Castelo de Goía, Espigón, Carraceiro e outros. Xermade

missing image file