Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.
Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMT e reforma e cambio de localización do CT A Picoña-C.
Situación: Salceda de Caselas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 56 metros de lonxitude (30 entrada ao CT e 26 saída) con orixe e final no paso aéreo-subterráneo en apoio existente da LMT A Picoña-C, unha vez que entre e saia do novo centro de transformación A Picoña-C, na súa nova localización. Centro de transformación, con tres celas prefabricadas con illamento e corte Sf6 e un transformador de 160 kVA, con RT 20 kV/400-230 V. A instalación está situada no Coto, A Picoña, Salceda de Caselas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 9 de novembro de 2020
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica