Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50034

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 5 de outubro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (codigo de procedemento administrativo CO300B).

A Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (codigo de procedemento administrativo CO300B).

No artigo 1.3, no parágrafo primeiro do anexo I das bases reguladoras, establécese a consideración de actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.

O artigo 17 do anexo I das bases reguladoras establece que o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 4 da convocatoria e ata o 15 de outubro de 2021, dunha copia da documentación especificada no citado artigo 17.

Tendo en conta o longo proceso de avaliación, co fin de optimizar os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o artigo 17.1 do anexo I da orde ampliando o prazo ata unha data que permita a mellor xustificación por parte dos beneficiarios.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en materia de comercio interior e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do artigo 17.1 do anexo I da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (codigo de procedemento administrativo CO300B)

O primeiro parágrafo do artigo 17.1 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 4 da convocatoria e ata o 15 de novembro de 2021, dunha copia da seguinte documentación:».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación