Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 50019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021 de notificación en materia de xestión da biomasa, en cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

Nº de exp.

Titular/responsable

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

1042/2020

Hros. Bernardo Pérez

36048A037005050000FW

Viso

O Rosal

1361/2020

Descoñecido

36048A065001370000FK

Cm. do Morán

San Miguel de Tabagón

774/2021

Guardesa Blanca Inés, S.L.

36048A022001040000FR

Couselo de Abaixo

O Rosal

942/2021

En investigación

36048A049000280000FJ

Pancenteo

O Rosal

877/2021

Hros. José Fernández Rivero

36048C509021360000QQ

Queimadelos

O Rosal

943/2021

En investigación

36048A024000430000FB

Vilariños

O Rosal

1103/2021

En investigación

36048A069000040000FL

Bouza da Portela

San Xoán de Tabagón

1103/2021

Descoñecido

36048A069000250000FH

Bouza da Portela

San Xoán de Tabagón

1103/2021

Descoñecido

36048A069000260000FW

Bouza da Portela

San Xoán de Tabagón

1151/2021

Julia Paz Villa González

36048A067001730000FA

Paradela

San Xoán de Tabagón

1153/2021

En investigación

36048A052003810000FX

Lagos

O Rosal

1153/2021

En investigación

36048A052003820000FI

Lagos

O Rosal

1222/2021

Josefa Pérez Álvarez

36048A036001810000FW

Caseiñeiras

O Rosal

1233/2021

En investigación

36048A069010120000FM

Picóns

Eiras

1235/2021

Agustín Villa Villa

3912403NG1431S0001PM

Cumieira

O Rosal

1236/2021

En investigación

36048A064001550000FL

A Granxa

O Rosal

1236/2021

Enriqueta Padín Martínez

36048A064001560000FT

A Granxa

O Rosal

En virtude do anterior, comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, disponse dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o devandito prazo e en caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Prevese a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá ao seu alleamento inmediato en caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia: en caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de predios, distancias de plantacións e xestión da biomasa do Concello do Rosal, do 7 de abril de 2021), para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación está á súa disposición nas dependencias municipais, situadas na praza do Calvario, nº 1, 36770 O Rosal, en horario de atención ao público.

O Rosal, 16 de setembro de 2021

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa