No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 166, do 1 de setembro de 2021, publicáronse integramente as bases específicas que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha plaza de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Así mesmo, as bases xerais que regulan os procesos selectivos publicáronse íntegramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 125, do 4 de xullo de 2016.
O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Oza-Cesuras, 16 de setembro de 2021
José Pablo González Cacheiro
Alcalde