Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de outubro de 2021 polo que se fai pública a Resolución do 30 de setembro de 2021 pola que se aproba o expediente de información pública e o anexo de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo (clave PO/21/078.01).

O conselleiro de Sanidade ditou o 30 de setembro de 2021 a seguinte resolución:

Resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o anexo de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26.6.2019 apróbase definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da Xunta de Galicia, para a ampliación no novo Hospital Gran Montecelo, no cal se recolle no seu ámbito de actuación a vía proxectada na construción referida.

Segundo. Con data do 10.2.2021 formalízase a encomenda de xestión para a realización, por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, de diversas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas vías de acceso ao novo Hospital Gran Montecelo, entre as cales se atopa o sometemento ao trámite de información pública do documento elaborado para tal efecto polo Concello de Pontevedra.

Terceiro. Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, do 21.5.2021, aprobouse provisionalmente o contido do documento para a información pública do proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01.

Cuarto. No DOG núm. 106, do 7 de xuño de 2021, publicouse o Anuncio do 26 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia, para os efectos do previsto no artigo 56.1 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957.

Quinto. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes e no trámite de información pública formularon alegacións as persoas interesadas. A todas elas déuselles resposta motivada, segundo figura no informe que consta no expediente, que lle foi notificado ás administracións, ás cales se lles deu trámite de informe e tamén aos particulares que presentaron alegacións.

Sexto. Con data do 20.9.2021, a Área de Deseño de Infraestruturas da Axencia Galega de Infraestruturas emite o informe de resposta ás alegacións presentadas e a proposta de resolución para a aprobación definitiva do expediente de información pública da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01, coas seguintes modificacións relativas ao trazado sometido á información pública:

– Deseñaranse novos camiños de servizo paralelos á estrada en tramos específicos, para dar acceso ás explotacións e aos predios que actualmente contan cun acceso público que é interrompido pola nova estrada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, someteuse á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Logo de revisados os informes emitidos e as alegacións formuladas, procede introducir as seguintes modificacións relativas á información pública:

• Deseñaranse novos camiños de servizo paralelos á estrada en tramos específicos, para dar acceso ás explotacións e aos predios que actualmente contan cun acceso público que é interrompido pola nova estrada.

Desestímanse as demais alegacións e modificacións propostas, de acordo coas xustificacións e os fundamentos que constan no expediente de información pública.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

Aprobar o expediente de información pública do proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01, coas modificacións relativas ao trazado sometido á información pública que se indican no fundamento de dereito primeiro.

Aprobar definitivamente o anexo de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da nova vía de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos