Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49272

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se publica o resultado da décimo segunda edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural (código de procedemento MR709A).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2020 convocouse, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo segunda edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 28, do 11 de febreiro de 2021).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 14.A1.712A.770.0 (03.01 03/04/01 656701) e 14.A1.712A.781.0 (03.01 03/04/01 656811).

O 2 de xullo de 2021, a directora xeral da Agader, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu a citada convocatoria.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao abeiro da décimo segunda edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada pola Resolución do 30 de decembro de 2020.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Beneficiario

Finalidade da subvención

Importe

Innogando, S.L.

Desenvolvemento de asistente virtual para granxas de vacún

10.000 €

Sabologal, S.L.

Rehabilitación e posta en marcha do Abeiro da Loba, aloxamento no Camiño Norte

10.000 €

GDR Mariñas Betanzos

Iniciativas para impulsar a riqueza turística na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas, primeiro destino ecoturismo certificado de Galicia

10.000 €

Muuhlloa, S.L.

Produción de cosmética a base de leite fresco e plantas locais

10.000 €

Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional

Programas de atención ás persoas con diversidade funcional

10.000 €

Federación de razas autóctonas de Galicia BOAGA

Conservación e recuperación do patrimonio xenético das razas autóctonas galegas

10.000 €

Mª Dolores Vázquez Carballés

Recuperación de terras agrarias en Muras mediante explotación de vacún en extensivo

10.000 €

Sociedade Cooperativa A Carqueixa

Produción de tenreira galega suprema

10.000 €