Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 48991

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no segundo cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación de Cineclubes de Galicia para a colaboración na programación cinematográfica dos cineclubs galegos en 2021.

30.000

5.5.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) para a realización conxunta de actividades relacionadas coa programación de espectáculos no Mercado de Artes Escénicas Galicia Escena Pro 2021.

50.000

14.5.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento da XIX edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo no ano 2021.

50.000

10.6.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Cultural Colectivo RPM para o desenvolvemento do Programa para a Danza e as Artes Vivas «Residencias Paraíso» en 2021.

25.000

10.6.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación XOC Agrupacións de Danza e Música Tradicional Galega para a realización do programa de baile e música tradicional «Danza 3 Xacobeo 21-22» en 2021.

58.000

15.6.2021

Convenio entre o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales e a Axencia Galega das Industrias Culturais para a investigación, conservación e restauración dixital da obra cinematográfica de Enrique Barreiro.

Sen achega económica

24.6.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Músicas ao Vivo para o desenvolvemento da oitava edición dos Premios Martín Códax da Música en 2021.

22.000

30.6.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para a realización conxunta de actividades enmarcadas na décimo cuarta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2021.

65.000

1.7.2021

Convenios de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ribadavia para o desenvolvemento da trixésimo sétima edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2021.

60.000

2.7.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) para o desenvolvemento de accións de promoción, difusión e formación no eido escénico en 2021.

22.000

2.7.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Camiño Escena Norte AIE para o desenvolvemento en Galicia do programa de intercambio cultural «Camiño Escena Norte 2021».

40.000

8.7.2021

Convenio entre a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Asociación Galega de Orquestras (AGO) e a Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega) para o desenvolvemento de verbenas, festas populares ou eventos con actuacións de orquestras no ano 2021.

400.000

21.7.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Carlos Velo para o desenvolvemento da XXVI edición do Festival Internacional de Cine de Ourense-OUFF en 2021.

60.000

2.8.2021