Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 48988

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Medio Rural para financiamento dos gastos ocasionados polo persoal destacado na oficina da Fundación en Bruxelas

Regular as relacións de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Galicia Europa para habilitar nas dependencias da Fundación en Bruxelas un espazo de traballo preciso para a persoa designada por esta para levar a cabo as tarefas que lle sexan asignadas.

10.5.2021

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal

Establecer as condicións por que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural e a USC para a prestación do apoio técnico-científico e desenvolvemento das actividades relacionadas coa vixilancia e control de carrachas vectores de enfermidades en Galicia.

18.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal

Establecer as condicións por que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a USC e a UVIGO para a prestación do apoio técnico e desenvolvemento das actividades relacionadas coa vixilancia e control de mosquitos vectores de enfermidades en Galicia.

15.6.2021

Sen achega económica

Segunda addenda ao acordo de colaboración do 8 de xuño de 2018 entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a dotación de tecnoloxías de información e comunicación no ámbito da medida 20 do programa de desenvolvemento rural de Galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

Modificar a cláusula segunda coa finalidade de incrementar a dotación económica en 1.296.000 €, modificar a cláusula sexta co fin de prorrogar a vixencia do acordo ata o 30 de decembro de 2022, sen menoscabo da potencial subscrición de novas prórrogas ou addendas que as partes poidan acordar, e modificar o anexo I (Proxectos que se van desenvolver).

15.7.2021

1.296.000,00 €

Convenio entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural para a prevención de incendios forestais en Galicia durante a campaña 2021

Reforzar o operativo de prevención de incendios forestais en Galicia durante a época de perigo alto de incendios do ano 2021, tal e como se establece no Plan de detección, disuasión e investigación do Pladiga. O obxectivo do convenio é levar a cabo a misión de vixilancia e disuasión contra incendios forestais, con patrullas do Ministerio de Defensa.

28.7.2021

469.604,41 €

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Emerxencias e a Consellería do Medio Rural para o apoio loxístico na loita contra os incendios forestais a través da cesión de uso de dous vehículos cisterna «gran nutriz» para transporte de auga

O obxecto do acordo o constitúe a cesión do uso a prol da Consellería do Medio Rural de dous (2) vehículos cisterna «gran nutriz» para usalos nas operacións de extinción de incendios forestais.

20.7.2021

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para o despregamento da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

O obxecto desta addenda é reaxustar as anualidades do importe establecido na cláusula segunda relativa a «Financiamento».

10.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza para o desenvolvemento dun proxecto para a mellora do material forestal de reprodución

Mellora da produción forestal dunha das especies forestais de maior interese no bosque galego como é o carballo (Quercus robur), así como para iniciar o desenvolvemento e posta a punto da técnica de reprodución que permita mellorar a produción forestal do bidueiro (Betula pubescens) en Galicia.

15.7.2021

173.287,50 €