Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49035

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 28 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción fonográfica e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402F).

BDNS (Identif.): 586445.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción e promoción de actividades musicais, que se atopen dadas de alta no IAE de produción ou edición discográfica e que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

A regulación da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para a produción fonográfica, fomentando e impulsando o talento musical a través do lanzamento dunha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación dun artista coa edición das súas producións fonográficas posteriores á primeira, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a produción fonográfica e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402F).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 120.000 euros, da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2010-0005 e distribuídos en dúas anualidades, 60.000 euros no ano 2021 e 60.000 euros no ano 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais