Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48776

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 28 de setembro de 2021 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante Resolución do 14 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

O Consello Social da Universidade da Coruña comunica á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que o Consello de Goberno da Universidade da Coruña na sesión do 22 de xullo de 2021, acordou aprobar a designación de Alejandro Esteban Martínez como representante do alumnado no Consello Social, en substitución de Carmela Carrillo García, e a Alicia María Cantarero Roldán como representante do persoal de administración e servizos en substitución de María José Parga Massa. Xúntase declaración xurada de compatibilidade dos novos membros do Consello Social.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Nomear a Alejandro Esteban Martínez, como representante do alumnado no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Carmela Carrillo García.

Artigo 2.

Nomear a Alicia María Cantarero Roldán, como representante do persoal de administración e servizos no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de María José Parga Massa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade